Alcuíno de York
Alcuíno de York
Polígrafo, pedagogo e teólogo anglosaxón. Director da escola catedral de York (766-780), Carlomagno propúxolle dirixir a Escola Palatina de Aquisgrán. O seu método estendeuse por diversos centros franceses dos ss Vlll e lX, e deu orixe ao chamado Renacemento Carolinxio. Latinista didáctico, as obras De gramatica, De rhetorica, De dialectica e De orthografphia renovaron o uso correcto do latín por algúns séculos. Escribiu un tratado filosófico, De animae ratione, influído por Agostiño. Estivo implicado nunha polémica contra o adopcionismo sostida con Félix de Urgell, contra quen se mostrou enérxico e duro (Contra a herexía de Félix, 799).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Tours