Alén

Alén
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe vasca. Prodedente do Val de Gordejuela ou Valmaseda en Bizkaia, deu nome á vila de Alén, no término de Sopuerta, dende onde pasou a Galicia. Asentáronse en Verín e Mondariz e deron nome a varias aldeas. Dos de Mondariz descenderon ilustres familias establecidas na Arxentina e en Colombia. As armas primitivas desta estirpe levan, en campo de ouro, unha panela de goles. Os máis comúns de Galicia traen, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto cuartel trae, en campo de ouro, tres panelas de sinople, ben ordenadas; mentres que o segundo e o terceiro, en campo de goles, tres flores de lis de prata, ben ordenadas; o bordo é de ouro.

Palabras veciñas

Alemparte | Alemparte | alén | Alén | Alén | Alén | Alén