Alençon, ducado de
Alençon, ducado de
Xurisdición feudal que comprendía parte dos actuais departamentos do Orne e do Sarthe. O condado foi creado en 1082 e unido á Coroa de Francia por Filipe II Augusto no 1219. O último duque de Alençon foi o príncipe Fernando (morto en 1910), fillo do duque de Nemours e neto do Rei Luís Filipe I.