Aletsch

Aletsch

Glaciar da Europa central, nos Alpes de Berna, Suíza, considerado o máis grande de Europa (22 km de longo, 171 km2). Alimentado polos circos dos Finsteraarhorn (4.274 m de alt), da Jungfrau (4.158 m) e do Aletschhorn (4.195 m). As súas linguas únense en Concordia Platz. A lingua resultante (2 km de ancho e 16 km de longo), de topografía convexa a causa da forte ablación nas beiras, descende ata o parque natural de Aletschwald. O Aletsch alimenta o Roine a través do seu afluente Massa. Ao seu pé atópanse as estacións deportivas de Belalp e de Riederalp.

Palabras veciñas

aleterno | alétheia | aletrín | Aletsch | aleucia | aleur(o)- | Aleuria