Aleuria
Aleuria
[FUNGO]
Xénero de fungos da familia das pironematáceas con frutificacións en apotecios como cuncas de ata 12 cm de diámetro, de cor alaranxada moi viva coa cara externa máis pálida. En Galicia é común A. aurantia sobre solos espidos e húmidos.