aleurómetro

aleurómetro

(< aleuro- + -metro)

s m [ALIM]

Aparello, actualmente en desuso, empregado para medir as calidades panificables das fariñas. Segundo o obxecto concreto de medición poden ser: alveógrafos, se miden o traballo de deformación da masa; amilógrafos, se rexistran as variacións de viscosidade; e farinógrafos, se rexistra a forza necesaria para mover as pas da amasadora.