Aleutianas, depresión das

Aleutianas, depresión das

Área ciclónica, parte da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio norte, ocupada por unha masa de aire húmido e relativamente quente en comparación coa masa de aire ártica de latitudes superiores. Non é un centro de acción estacionario, senón que consiste nunha serie de depresións migratorias interrompidas por subas de presión. No inverno, cando é máis marcada, canaliza as perturbacións dende as costas xaponesas e siberianas ata Canadá e a rexión dos Grandes Lagos; provoca chuvias intensas na franxa costeira pacífica de América do Norte, modera a temperatura e, se consegue transpasar as Rochosas, envía o chinook por riba das chairas de sotavento. No verán a expansión do anticiclón das Hawaii faina imperceptible.

Palabras veciñas

aleurómetro | aleurona | Aleutian Range | Aleutianas, depresión das | Aleutianas, illas | aleuto -ta | Álex Reylén, Antonio