Alexander, enfermidade de

Alexander, enfermidade de
[PAT]

Afección do sistema nervioso, de etioloxía e patoxenia descoñecidas. As súas manifestacións inícianse na infancia, coa detención do crecemento, retardo psicomotor, convulsións e macrocefalia precoz e progresiva.