alfatrón

alfatrón
s m [METROL]

Aparello empregado para determinar indirectamente a presión dun gas moi enrarecido, mediante a medida da corrente de ionización producida polo choque das moléculas do gas cun feixe de partículas a que son emitidas por unha substancia radioactiva.