alférez
(< ár al-fāris ‘oxinete, o cabaleiro’)
- 
            
                    s                  
    
            
                    m                  
    
    
            
    
    
    
    
            - 
                    
                    
                    
                    
                                                                        [BÉL]
                                                
                                Oficial dos exércitos de terra e aire do estado español co grao máis baixo da súa escala dentro da carreira militar. Ex: Desfilou en último lugar a nova promoción de alféreces. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                        [BÉL/MAR]
                                                
                                Grao do corpo xeral da Armada Española inmediatamente superior ao gardamariña e ao de Alférez de fragata e inferior aos de Tenente de navío e Alférez de navío; equivale ao grao de Alférez e de Tenente do exército de terra e do exército do aire. 
 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                        [BÉL]
                                                
                                
- 
    
    
    
                [HIST/ADM/BÉL]
        
    
    
    
    
            - 
                                            
                                s                              
                    
                                            
                                m                              
                    
                    
                    
                                                                    
                                Antigamente, o cabaleiro que polo seu valor e pericia ecuestre, portaba o estandarte durante a loita. No exército moderno pasou a denominarse subtenente. 
- 
                                            
                                s                              
                    
                                            
                                m                              
                    
                    
                    
                                                                    
                                Na Idade Media, oficial que levaba a bandeira na infantería ou o estandarte na cabalería. Na Coroa Aragonesa recibiu o nome de sinalador a partir do s XII. No Reino de Navarra foi substituído no s XIV polo de Mariscal. En Castela, na Alta Idade Media, o Alférez Real era o xefe da Garda Real; na Baixa Idade Media, encargábase de levar o estandarte (Alférez do Pendón Real). Durante a Guerra Civil Española, introduciuse un novo cargo no exército sublevado con este nome. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior O Alférez Maior dunha cidade personificábaa no acto de o Rei alzar os pendóns, adoito durante a proclama dun novo monarca. Acompañado por dous rexedores que o foran buscar á súa casa e que acostumaban ser os comisarios das festas, marchaban os tres a cabalo ata a casa consistorial, onde o Corrixidor daba ao Alférez o pendón, as armas reais e municipais, para llas amosar ao pobo dende o balcón do consistorio. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior da Cidade da Coruña Oficio instaurado polo Rei Filipe II no 1591 adxudicándollo a Tristán de Araujo, que pasou logo a Gómez Fernández Catoira, á súa muller, Antonia López Villardefrancos, ao seu fillo Simón Enríquez de Novoa e, finalmente, a Antonio Henríquez de Novoa. Durante o século XVIII o cargo estivo vencellado á familia Novoa, que non sempre o exerceu de maneira directa, xa que por matrimonio pasou aos Riazos e Aldao, e logo aos Torrado, señores da casa de Asados en Rianxo. Se ben desapareceron as funcións efectivas do cargo, mantívose a regalía ata a actualidade. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior de Betanzos Oficio outorgado polo Rei Filipe II a Xoán Rouco de Parga polo servizo de 500 ducados no 1591, a pesar da oposición da cidade de Betanzos ao nomeamento. O título ficou vencellado á familia Rivera, devanceiros da condesa de Pardo Bazán. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior de Lugo Título con voz e voto de rexedor, e facultade de nomear Tenente, concedido a perpetuidade e por xuro de herdade a Xoán Osorio de Escobar o 24 de marzo de 1652. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior de Ourense Cargo outorgado no ano 1591 polo Rei Filipe II, malia a resistencia da cidade, ao capitán Benito de Prado. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior de Viveiro Cargo que desempeñaron algúns rexedores do concello de Viveiro pertencentes a destacadas familias (Pardo Baamonde, Osorio Belaño e outras). 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Maior do Reino de Galicia Título concedido en Madrid o 1 de marzo do 1552 por Real Privilexio do Rei Carlos I e a súa nai Xoana aos irmáns Lope Taboada de Lemos e Gabor Taboada de Lemos. Así mesmo, este privilexio concede a Lope Taboada Lemos e aos seus sucesores os títulos de Alférez Real dos Fidalgos do Reino de Galicia, Monteiro Maior e Almirante de calquera navío ou galeira onde embarcase o monarca, así como o voto en todas as cidades do Reino de Galicia, reservando o coñecemento de todas as causas á Real Cámara. 
- 
                    
                    
                    
                    
                                                                    
                                Alférez Real dos Fidalgos do Reino de Galicia Título concedido á casa de Taboada-Orbán de Lugo. Representante ante a monarquía dos intereses da fidalguía media de Galicia, que o habilitou para reivindicar mercedes e privilexios. Como representante e protector dos seus intereses, a fidalguía, sobre todo a rural, máis afectada ca a urbana polas constantes campañas militares dos séculos XVI-XVII, pretendía que o Alférez Real dos Fidalgos do Reino de Galicia puidese actuar á marxe das xuntas, con facultade para invalidar impostos efectuados polas cidades e os seus rexedores, levar un libro de “xente de guerra”, servir no goberno da praza da Coruña e mesmo revistar as sentencias da Audiencia; así mesmo, reclamábaselle a prerrogativa do levamento da ofrenda o día do Apóstolo, festa solemnizada por toda a nobreza galega, considerando os naturais case como ofensa que a levase o Presidente da Real Audiencia ou a persoa que por el fose designada. En realidade, o que tentaba a fidalguía a través da concesión de poderes a este cargo era cortar o poder das institucións da monarquía absoluta centralista impostas a finais do século XV despois da derrota da nobreza galega irredenta. 
 
- 
                                            
                                s                              
                    
                                            
                                m                              
                    
                    
                    
                                                                    
                                
