Alfieri, Vittorio
Dramaturgo italiano. Despois de viaxar por toda Europa, intentou rematar a traxedia inacabada Cleopatra, que o fixo consciente da súa falta de dominio do idioma italiano. Decidiu dedicarse á lectura dos clásicos renacentistas e escribiu nunha primeira época as dezanove traxedias (1776-1786), que o converteron no máis importante dramaturgo do neoclasicismo italiano e nun profeta da independencia e da unidade peninsulares: Filippo, Polinice, Virginia, Agamennone, Oreste, Rosmunda, Attavia, Timoleone, Merope, Maria Estuarda, La congiura del Pazzi, Don Garzia, Saul, Agide, Sofonisba, Bruto primo, Mirra e Bruto secondo. Nunha segunda época marcada polo escepticismo irónico, escribiu as Satire (1796) e as Commedie así comoescritos poéticos e políticos de carácter ilustrado. Traduciu os clásicos gregos e latinos e conseguiu elaborar un idioma culto, que serviu de fundamento aos escritores italianos do s XIX.
Cronoloxía
- 
                        NacementoLugar : Asti, Piemonte
- 
                        DecesoLugar : Florencia
 
                  