alfolín

alfolín

(< ár al-hury ‘o hórreo’)

s m [MAR]

Espacio ou cuarto utilizado nas antigas fábricas de salgado para resgardar o sal das inclemencias do tempo. Actualmente pódense identificar os lugares que ocupaban na salgadeira pola pedra deteriorada a consecuencia do salitre. Por norma xeral ocupábanse para este fin os esquinais dos almacéns de salgadura, nos que a estrutura lateral estaba construída en madeira. Tamén se denominaban así os establecementos dedicados á venda do sal.

Variantes

Palabras veciñas

alfiz | Alföld | Alföldi, András | alfolín | Alfolín | Alfolineiro | alfombra