alfombra
(< ár al-jumra ‘a esteira’)
-
s
f
[TÉXT]
Tecido groso de superficie xeralmente aveludada, con diversidade de debuxos e cores, feita con fíos de la ou coa mestura desta e mais fibras sintéticas, que ten por base un tecido forte de cánabo, iute ou algodón. Empréganse para recubrir o chan dos cuartos, os banzos das escaleiras, para resgardar do frío e como ornamentación. A arte de fabricar alfombras provén do Oriente, onde se coñece dende a máis remota antigüidade. Segundo a súa orixe, teñen debuxos xeométricos (tribos nómadas de Asia central), debuxos de figuras (de influencia chinesa) e motivos florais (de orixe persa). As alfombras poden ser fabricadas manualmente, en bastidores ou teares, ou mecanicamente.
Ex: Merquei unha alfombra nese local de decoración.
-
s
f
Feixe de cousas que cobren o chan.
Ex: Desfilaron por unha alfombra de verdor. Unha alfombra de margaridas rodeaba a casa.