Alfoz

Alfoz

Publicación gratuíta de doce páxinas aparecida en xaneiro de 1990 en Pontedeume, editada pola Asociación empresarial Eumesa. Contaba coas seguintes seccións: “Editorial”, “Poesía”, “Últimas noticias” e “Rincón Literario”. Informaba sobre estatísticas económicas e industria da zona, e ademais sobre temas culturais e literarios.