Alfredo Magno, santo
Alfredo Magno, santo
Rei de Wessex (871-899). Fillo de Etelwulf e de Osburga. Foi adoptado polo Papa León IV (853), quen se encargou da súa educación. Subiu ao trono á morte do seu irmán Etelred I (871). Loitou contra os dinamarqueses (893) e logrou ser recoñecido polos anglosaxóns; a partir dese momento restableceu a autoridade real e a unidade inglesa. Reformou a administración e o exército, redactou un código de leis, fundou unha escola palatina, e fomentou a cultura facendo traducir ao saxón as obras latinas máis importantes. A súa festa celébrase o 28 de outubro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wantage, Berkshire