algarada

algarada

(

  1. s f

    Barullo orixinado por berros e voces de xente agrupada.

    Ex: Esta última noite houbo unha tremenda algarada por mor da festa.

    Sinónimos: alboroto, algarabía, boureo, bulicio, bulla, rebumbio, balbordo. Antónimos: silencio.
  2. s f

    Pequena liorta de escasa importancia.

    Ex: Tivo unha algarada con ese home pero todo rematou ben.

    Sinónimos: algareo, algueirada, barafunda, batifondo, rifa.

Palabras veciñas

Algar | algara | algarabía | algarada | algaravea | Algardi, Alessandro | algarear