alias

alias

(< lat alĭas ‘outra vez’acus f pl de alius ‘outro’)

  1. adv

    Por outro nome.

    Ex: Xosé Manuel, alias o Señorito, ten un chalé precioso nas aforas da cidade.

  2. s m

    Alcume ou segundo nome polo que é coñecida unha persoa.

    Ex: A Rommel puxéronlle o alias de Zorro do deserto na Segunda Guerra Mundial.

    Confrontacións: sobrenome.
  3. s m [INFORM]
    1. Denominación alternativa para aplicacións, enderezos da Internet, identificacións, etc.

    2. Icono que serve a maneira de atallo para acceder directamente a unha aplicación, independentemente do directorio no que estea situada. Emprégase esta denominación en Mac, equivalendo á de ‘acceso directo’ dos PCs.

Palabras veciñas

Alianzas Obreiras | aliar | aliaria | alias | aliasing* | aliaxe | alibilidade