alida

alida
  1. adx [HIST/RELIX]

    Relativo ou pertencente aos alidas.

  2. s [HIST/RELIX]

    Membro da familia descendente de Alí. Algúns deles, como Al-Ḥasan, Ḥusayn ibn ‘Alī Abī Ṭālib e Muḥammad ibn al-Ḥanafiyya, foron xefes de seita (Ismā’īl, descendente de Ḥusayn, foi líder dos ismaelitas e, posiblemente, predecesor dos fatimitas de Exipto) ou gobernaron rexións como as dos idrísidas de Marrocos. Os Imáns alidas son considerados polos xiítas como herdeiros espirituais, relixiosos e políticos de Mahoma.

Palabras veciñas

alicuanta | alicula* | alícuota | alida | alidada | alidona | alienabilidade