alidada
(<ár al-’idada ‘a regra do carpinteiro’)
-
s
f
[XEOG]
Aparello que serve para definir visuais e trazalos simultaneamente sobre a prancha topográfica. Consiste nunha regra, fixa ou móbil, cunha pínnula disposta de xeito perpendicular en cada un dos seus extremos. Unha é a pínnula ocular, outra a obxectiva. Na forma máis elaborada consta duns lentes e retículos, o que facilita a medición de ángulos verticais. Emprégase para dirixir os teodolitos.
-
s
f
[MAR]
-
Regra cunha pínnula en cada extremo, semellante á empregada en topografía, que se coloca enriba da agulla maxistral, da agulla acimutal ou dun taxímetro para obter marcacións e demoras.
-
Elemento construído para ser adaptado a unha agulla ou a un repetidor da agulla xiroscópica.
-
Tipo correspondente a unha alidada acimutal, que grazas á combinación dun prisma e dun espello é idónea para atopar o acimut dun astro.
-