Allenby, Edmund
Allenby, Edmund
Militar británico, primeiro vizconde Allemby of Megiddo and Felixstowe (1919). Serviu en Bechuanalandia, hoxe Cabo Norte, (1884-1885) e Zululandia, hoxe Kwazulunatal (1888) e loitou contra os bóeres (1899). Participou na Primeira Guerra Mundial, primeiro en Francia (1915-1917) e despois en Palestina como comandante das forzas expedicionarias exipcias. Apoderouse de Běer Sheva e Gaza, entrou en Xerusalén (1917) e despois da vitoria de Megiddo conseguiu a capitulación de Turquía (armisticio de Murdros). Posteriormente foi nomeado Alto Comisario para Exipto (1919-1925).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Brackenhurst, Nottinghamshire -
Deceso
Lugar : Londres