Aller
Aller
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe asturiana procedente do concello de Aller (Pola de Lena) que se estendeu por toda Galicia e polas terras colombianas de Barranquilla e Bogotá. As súas armas levan, banda de goles con dragonetes de sinople, en campo de ouro e bordo cargado de nove aspas de ouro, sobre campo de azur. Outra variante trae, banda de goles cargada dunha cotiza de prata, en campo de ouro.