Allium
Allium
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas vivaces da familia das liliáceas, que teñen a parte inferior do talo modificada nun bulbo e que desprenden un cheiro característico ao esfregalas. Presentan flores en umbela, cun longo pedúnculo e coloración clara, pechadas antes da floración nunha espata, e froito en cápsula. En Galicia aparecen de forma espontánea as especies A. ericetorum, A. sphaerocephalum, A. vitorialis e A. vineale, propias de ambientes secos, e de forma cultivada o allo e a cebola.