allo
(< lat alĭu)
-
-
s
m
Planta herbácea vivaz, de follas lineais e talo cilíndrico, de 30 a 40 cm de altura, culminado por unha umbela de flores brancas ou avermelladas. Ten un bulbo arredondado e comestible, que recibe o nome de cabeza, composto por numerosas unidades, chamadas dentes. Contén, sobre todo no bulbo, substancias cun olor aliáceo característico. É orixinario de Asia central e úsase como condimento (cru e tenro) ou como ingrediente de guisos, frituras e na elaboración de embutidos. En Galicia atópase como especie cultivada nos alleiros; recóllense a principios de verán e sécanse en restras para a súa conservación. Dende a Antigüidade emprégase na medicina popular como dixestivo, estimulante do apetito e para facilitar a evacuación de gases. É un dos principais condimentos da cociña mediterránea, empregada en toda clase de guisos, como pratos de peixe nos que este xa non estea fresco.
-
s
m
Cada unha das unidades ou dentes que forman o bulbo ou cabeza do allo.
-
allo bravo
-
allo de oso
-
[ETN]
allo macho
-
allo porro V porro.
-
s
m
-
[MED]
tintura de allo
Frases feitas
-
Aquí está o allo. A clave dun asunto.
-
Ser coma un allo. Ser unha persoa esperta e espelida.
-
Estar ou andar no allo. Ter coñecemento dun asunto xeralmente reservado, que se trata entre varias persoas.
Refráns
- A bo allo, bo tallo.
- Allo cro e viño novo sempre atopan acomodo.
- Cada día de xaneiro perde un allo o alleiro.
- Cantos días pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro.
- En xaneiro pon o alleiro.
- O que queira ter bo alleiro semente allos en xaneiro.
- Onde allos hai, cebolas se collen.
- Onde allos hai, viño haberá.
- Os allos en Nadal, nin nados nin por sementar.
- Quen queira ter allo fino, que o poña polo san Martiño.
- Se queres ter bo alleiro, planta os allos en xaneiro.
- Sementa bo allo e terás bo tallo.