Almazán, Paz de
Almazán, Paz de
Tratado que puxo fin á discordia entre Pedro III de Aragón, o Cerimonioso, e Enrique II de Castela. Asinada na vila castelá de Almazán o 12 de abril de 1375 e en Lleida o 10 de maio do mesmo ano. Polos compromisos adquiridos nesta paz o Rei catalán devolveu a vila de Molina a Castela e concertouse o matrimonio da infanta Leonor de Aragón co herdeiro do Reino de Castela, Xoán.