Almeida

Almeida
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe portuguesa que deixou abondosas pegadas en Galicia. O seu brasón aparece representado no segundo cuartel dunha pedra armeira da Casa de Pereira de Castro, na rúa do Triunfo da zona vella de Vigo. As súas armas levan, en campo de goles, unha cruz dobre de ouro e en cada un dos seis ocos que forman os seus brazos, un besante tamén de ouro.