almogávar

almogávar

(< ár al-mugāwir ‘o quefai algaras’)

  1. s m [HIST/BEL]

    Guerreiro de oficio que nos reinos cristiáns hispánicos servía, dende o s XIII, para facer incursións en terras musulmanas. Recorreuse a este nome para a formación dalgúns corpos de mercenarios, como na Guerra dos Segadors contra Filipe IV (1640-1652); así mesmo, durante a Guerra da Independencia contra Napoleón a Xunta Superior de Cataluña reimplantou un corpo de almogávares.

  2. s m

    Patriota abandeirado.

  3. [HIST]

    expedición dos almogávares a Oriente

Palabras veciñas

Almofrei | Almofrei, ponte | Almofrei, ponte | almogávar | almogavaría | Almogía | almohade