almogávar
almogávar
(< ár al-mugāwir ‘o quefai algaras’)
-
s
m
[HIST/BEL]
Guerreiro de oficio que nos reinos cristiáns hispánicos servía, dende o s XIII, para facer incursións en terras musulmanas. Recorreuse a este nome para a formación dalgúns corpos de mercenarios, como na Guerra dos Segadors contra Filipe IV (1640-1652); así mesmo, durante a Guerra da Independencia contra Napoleón a Xunta Superior de Cataluña reimplantou un corpo de almogávares.
-
s
m
Patriota abandeirado.
-
[HIST]
expedición dos almogávares a Oriente