almudí

almudí

(<ár al-muddī ‘o pertencente ou o relativo ó almude’)

  1. s m [METROL]

    Medida antiga equivalente a catro mil cen quilos.

  2. s m [HIST]

    Establecemento medieval de depósito e compra-venda de trigo e doutros cereais. O mellor conservado é o almudí de València, edificado no s XIV e reconstruído no s XVI. Conserva pinturas populares de diversas épocas e mosaicos con vistas de València; foi declarado monumento histórico artístico no ano 1969.

  3. s m [ECON/AGR/HIST]

    Imposto sobre os cereais na Idade Media.

Palabras veciñas

Almudena | almudera | Almudévar | almudí | almuíña | Almuíña | Almuíña Díaz, Carlos