Almuíña
Liñaxe oriúnda da Torre da Almuíña, na freguesía de Santa Cristina de Valeixe (A Cañiza). Outras variantes gráficas deste apelidoson Almoiña, Almoina, Almoyna e Almoiña. Relaciónanse tamén con esta caste os Almoiñeiro e Almuiñeiro. Familia de moita distinción, entroncou con algunhas estirpes ilustres do país. Tiveron pazo en Landrove, preto de Viveiro, e foron abondosos en Pontevedra. Dende Tui pasaron a Andalucía. As súas armas levan, en campo de ouro, unha torre de pedra, terrazada de sinople e superada de tres béstas de sable; á porta da torre, un cabaleiro armado de prata cunha espada denuda na man dereita, montado nun cabalo de sable. Os de Landrove traen, escudo cortado, no alto; un axadrezado de quince casas, flanqueado por dúas béstas, no baixo.