Almuíña Fernández, Celso Jesús

Almuíña Fernández, Celso Jesús

Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid. É autor de La prensa vallisoletana durante el siglo XIX: 1808-1894 (1977); coordinou diferentes obras colectivas, entre as que cómpre salientar, Historia del Mundo Contemporáneo (1981), Valladolid en el siglo XIX (1985), Historia de Castilla y León. Liberalismo y caciquismo (s XIX) (1986), Castilla y León: Geografía. Historia. Arte. Lengua. Literatura. Cultura. Tradiciones (1987); participou en numerosos congresos, tanto de temática galega -“Rosalía e Castela/Castela e Rosalía (1986), “El pensamiento de Castelao por contraste (1986)- como de política europea actual. É director da Revista de Investigaciones Históricas e membro da Real Academia de la Historia, da Fundación Internacional Rei Alfonso Enriques, do Centro de Estudios Históricos de la Masonería Española e do Instituto Universitario Ortega y Gasset. Así mesmo, é vogal da Sección Española da Asociación Internacional de Historia, do Instituto Universitario de Historia Simancas e do Instituto Interuniversitario hispanoamericano e portugués.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chantada