alongador -ra

alongador -ra

(< alongar)

  1. adx

    Que alonga.

    Ex: Colle ese cable alongador e tenta conectalo para poñer en marcha o aspirador.

  2. s m [QUÍM]

    Instrumento de laboratorio que consiste, esencialmente, nun tubo de vidro aguzado que se adapta ao colo dun balón e que se utiliza nas destilacións para facer pasar o destilado do refrixerante ao colector.

  3. s m [TECNOL]

    Peza que, colocada entre outras dúas ou nun extremo, serve para aumentar a lonxitude dun órgano, dun aparello ou dunha estrutura.

    Sinónimos: prolongador.

Palabras veciñas

Alón | alongable | alongado -da | alongador -ra | alongamento | alongar | Alongos