alongamento

alongamento

(< alongar)

  1. s m

    Acción e efecto de alongar ou alongarse.

    Ex: O alongamento da corda permitiunos rescatalo con vida.

    Sinónimos: prolongación.
  2. s m

    Acción de facer algo máis longo ou dunha duración maior.

    Ex: Por mor do alongamento do concerto suspenderon outras actividades.

    Sinónimos: prolongación.
  3. s m

    Afastamento ou distancia que se produce con respecto a unha determinada referencia.

    Ex: O alongamento dos seus pais producía nel un profundo pesar.

  4. s m [AERON]

    Cociente entre o cadrado da envergadura e a superficie da á dunha aeronave.

  5. s m [LING]

    Aumento da duración dunha realización fonemática producida por algunhas causas regulares e normalmente relacionadas co ton, intensidade e énfase emotiva. En xeral, todas as linguas presentan este fenómeno nas secuencias fonemáticas suxeitas ao fonema de cadencia, que se caracteriza por unha relaxación progresiva e un aumento compensatorio da duración.

  6. [TECNOL]
    1. s m

      Propiedade que teñen determinados materiais de alongarse cando están sometidos a cargas ou esforzos de tracción. En ensaios de materiais, o alongamento é definido como o aumento da lonxitude respecto á inicial que se produce na probeta, sometida á tracción. A probeta, baixo esforzos crecentes, experimenta un aumento da súa lonxitude ata que se produce a rotura.

    2. alongamento de rotura Valor de alongamento no instante de producirse a rotura. Esta medida dá idea, por exemplo, da dutilidade e forxabilidade dun metal, esixido na fabricación de pezas que requiren unhas condicións determinadas de seguridade.

    3. alongamento elástico No diagrama de carga-deformación do ensaio dun material a tracción, alongamento producido na zona de deformación elástica, onde se cumpre a proporcionalidade entre cargas e deformacións e onde desaparece o alongamento cando cesa a tracción.

    4. alongamento local Alongamento medido unha vez ultrapasada a carga máxima e que se circunscribe na zona da probeta onde se formou a estrición.

Palabras veciñas

alongable | alongado -da | alongador -ra | alongamento | alongar | Alongos | Alonso