alongamento
(< alongar)
-
s
m
Acción e efecto de alongar ou alongarse.
Ex: O alongamento da corda permitiunos rescatalo con vida.
Sinónimos: prolongación. -
s
m
Acción de facer algo máis longo ou dunha duración maior.
Ex: Por mor do alongamento do concerto suspenderon outras actividades.
Sinónimos: prolongación. -
s
m
Afastamento ou distancia que se produce con respecto a unha determinada referencia.
Ex: O alongamento dos seus pais producía nel un profundo pesar.
-
s
m
[AERON]
Cociente entre o cadrado da envergadura e a superficie da á dunha aeronave.
-
s
m
[LING]
Aumento da duración dunha realización fonemática producida por algunhas causas regulares e normalmente relacionadas co ton, intensidade e énfase emotiva. En xeral, todas as linguas presentan este fenómeno nas secuencias fonemáticas suxeitas ao fonema de cadencia, que se caracteriza por unha relaxación progresiva e un aumento compensatorio da duración.
-
[TECNOL]
-
s
m
Propiedade que teñen determinados materiais de alongarse cando están sometidos a cargas ou esforzos de tracción. En ensaios de materiais, o alongamento é definido como o aumento da lonxitude respecto á inicial que se produce na probeta, sometida á tracción. A probeta, baixo esforzos crecentes, experimenta un aumento da súa lonxitude ata que se produce a rotura.
-
alongamento de rotura Valor de alongamento no instante de producirse a rotura. Esta medida dá idea, por exemplo, da dutilidade e forxabilidade dun metal, esixido na fabricación de pezas que requiren unhas condicións determinadas de seguridade.
-
alongamento elástico No diagrama de carga-deformación do ensaio dun material a tracción, alongamento producido na zona de deformación elástica, onde se cumpre a proporcionalidade entre cargas e deformacións e onde desaparece o alongamento cando cesa a tracción.
-
alongamento local Alongamento medido unha vez ultrapasada a carga máxima e que se circunscribe na zona da probeta onde se formou a estrición.
-
s
m