alongar

alongar

(

  1. v t

    Facer máis longo algo no espazo ou no tempo engadíndolle algunha cousa, estirándoo, facéndoo durar.

    Ex: Alongaremos as nosas vacacións tanto como nos sexa posible.

    Sinónimos: prolongar. Antónimos: abreviar, acurtar, reducir.
  2. v pron

    Prolongarse algo máis do previsto.

    Ex: Alongouse a reunión ata ben entrada a noitiña.

  3. v t

    Aumentar a distancia con respecto a un punto determinado.

    Ex: O seu interese por esa muller brasileira alongouno definitivamente de Galicia.

    Sinónimos: afastar, apartar, arredar.
  4. v pron

    Afastarse na distancia con respecto a un punto de orixe.

    Ex: Quixo marchar de vacacións para alongarse da súa familia.

  5. v t

    Facer máis longo un discurso, un escrito, etc.

    Ex: O relator alongou a conferencia e o público aburriuse moito.

Frases feitas

  • Alongar o camiño. Facer que algo sexa máis longo ou complicado.

Conxugar
VERBO alongar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongo
alongas
alonga
alongamos
alongades
alongan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongaba
alongabas
alongaba
alongabamos
alongabades
alongaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alonguei
alongaches
alongou
alongamos
alongastes
alongaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongara
alongaras
alongara
alongaramos
alongarades
alongaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongarei
alongarás
alongará
alongaremos
alongaredes
alongarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongaría
alongarías
alongaría
alongariamos
alongariades
alongarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongue
alongues
alongue
alonguemos
alonguedes
alonguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongase
alongases
alongase
alongasemos
alongasedes
alongasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongar
alongares
alongar
alongarmos
alongardes
alongaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
alonga
-
-
alongade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alongar
alongares
alongar
alongarmos
alongardes
alongaren
Xerundio alongando
Participio alongado
alongada
alongados
alongadas