Alonso Fernández de las Redondas, Dámaso

Alonso Fernández de las Redondas, Dámaso

Filólogo, historiador, crítico literario e poeta. Discípulo de Menéndez Pidal. Desde 1948 foi membro da Real Academia Española e desde 1968-1982 o seu Presidente. Distinguiuse como un brillante e orixinal cultivador da estilística moderna. Cómpre salientar os estudios e ensaios Poesía Española, Ensayo de métodos y límites estilísticos (1950) e Primavera temprana de la literatura europea (1960) e especialmente os dedicados a Góngora. Exerce polos seus estudios e investigacións unha notable influencia na cultura hispánica. A súa obra máis importante é Hijos de la ira (1944) e en 1978 recibiu o premio Cervantes. Con respecto á lingüística galega publicou: “Junio” y “Julio” entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946); Enxebre (1947), Gallego “bordelo”, “abordelar” (sobre el par de encuarte en el noroeste de la península) (1950), Del occidente de la peninsula ibérica,1Port. “estiar”, 2Gall. Ast.“bedro” estivada (1953); Gallego-asturiano “engalar” volar, Casos y resultados de velarización de -n- en el dominio gallego (1954); Gallego-asturiano “ozca” paso entre peñas (1955) Gallego-asturiano “telergas” “celergas” cosquillas. Ast. “rebelgos”, “regolbinos” cosquillas (1958); El gallego-leonés de Ancares y su interés para la Ditología Portuguesa (1959). Narraciones orales gallego-asturianas (1969). Apuntamentos importantes sobre o galego en La fragmentación fonética peninsular (1959). Estudiou tamén a Rosalía de Castro e Luís Pimentel. Sobre a poetisa de Padrón pronunciou no Centro Galego de Madrid en 1958 a conferencia “Rosalía en la lírica española”. Sobre Pimentel escribiu o prólogo “Barco de luces” en 1952 en Poetas españoles contemporáneos do poeta galego e o artigo “Domingos con Pimentel”. Estudiou tamén as cantigas de amigo nunha investigación que publicou na Revista de Filología Española: “Cancioncillas de amigo mozárabes. Primavera temprana de la lírica europea” (1949).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso