Alonso Padín, Laura

Alonso Padín, Laura

Soprano. Iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, para continuar na Escola Superior de Canto de Madrid co barítono Antonio Blancas e no 1993 comezar na Hochschule für Musik (Karlsruhe, Alemaña). Pertence á Escola de Ópera de Karlsuhe (1994-1997). No 1997 ingresou no Aalto Theater de Essen (Alemaña), onde levou a escena óperas baixo a dirección de Stefan Soltesz ou Emilio Sagi. Actuou coa Filharmónica de Baden-Baden, coa Young Israel Philharmonic e no 1996 como solista nos Carmina Burana de Carl Orff, xunto ao Orfeón Terra A Nosa. Dende ese ano, colabora coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

Levou a escena, entre outros papeis, Pamina, de Die Zauberflöte (A frauta máxica) e Sophie, de Der Rosenkavalier (O cabaleiro da Rosa). Recibiu o premio á Mellor Artista Moza do Aalto Theater de Essen (1998). Gravou un amplo repertorio da canción galega de concerto con pezas de Xoán Montes, Chané, Marcial del Adalid, Andrés Gaos e outros mestres (1999).

Obtivo numerosos premios como o 1º premio do Alfredo Kraus International Singing Competition1º premio do Internationalen Gesangswettbewerb von Verviers ou o Diapason d'Or pola gravación de Giulio Cesare in Egitto, de Antonio Sartorio.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilagarcía de Arousa