Alonso Pimentel, Xesús

Alonso Pimentel, Xesús

Guitarrista e compositor coñecido polo nome artístico de Cuchús Pimentel. Comeza a súa andaina profesional estudando guitarra clásica e posteriormente guitarra de Jazz con José Mª Hinojo, Tomás Camacho e Félix Santos, entre outros. Como guitarrista flamenco foi alumno de Paco Peña e Manolo Sanlúcar. Formou parte dos grupos NHU, Baio Ensemble e Noroeste, e colaborou con Benedicto, Emilio Cao, Andrés do Barro. Dende 1989 dedicouse, fundamentalmente, á guitarra flamenca, e ofreceu concertos en España, Inglaterra, Finlandia, Marrocos, Portugal e Xapón como solista á fronte de diversos grupos (Pimenteira, Pimentel Trío, Cuadro Flamenco...) ou acompañando a artistas do cante e do baile (El Kiiki, Enrique Lozano El Pescao, Kazumi Kamoshita...), ademais de colaborar con outros artistas alleos ao flamenco (Carlos Núñez, Los Piratas, Uxía, Rasha...). Entre a súa discografía destacan Paisajes (1986), Cartas mariñas (1992-1997), Guitarra Flamenca (1993), Pimenteira (1995), Mala suerte (1996), La sal de la vida (1997), + Perto (1998) e Música de Galicia (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Palencia