Alonso Rodríguez, Xosé Antonio

Alonso Rodríguez, Xosé Antonio

Profesor de Economía Aplicada na Universidade Complutense de Madrid. Foi vicerrector adxunto da Universidad Internacional Menendez y Pelayo na Coruña e director de Cooperación Económica do Instituto de Cooperación Iberoamericana. Participou na organización das mostras colectivas de creación galega en Santander, no marco da Universidad Internacional Menéndez y Pelayo co título Fuerzas atroces del noroeste e en Bos Aires con Galegos somos nós. Escribiu, entre outras obras: Efecto de la adhesión de España a la CEE, Características y estrategias de la empresa exportadora española frente a Iberoamérica y la CEE e El sector exteriror.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña