Alonso Romero, Fernando

Alonso Romero, Fernando

Profesor de Filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa Tese de Doutoramento, lida en 1974, investigou as Relaciones atlánticas prehistóricas entre Galicia y las Islas Británicas y medios de navegación baseándose principalmente no estudo do petroglifo de Borna e nas investigacións sobre as antigas embarcacións de coiro empregadas durante a Prehistoria para navegar polas costas atlánticas europeas. Realizou unha xira por Francia e Suíza en compañía do circo da Ciudad de los muchachos, experiencia á que dedicou un libro. É autor dos estudios Santos e barcos de pedra. Para unha interpretación da Galicia atlántica (1991), O camiño de Fisterra (1993), Creencias y tradiciones de los pescadores gallegos, británicos y bretones (1996), Navegantes, monjes y piratas de las costas atlánticas en la Alta Edad Media (1997). Foi colaborador de Zephyrus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia, Boletín Auriense, Lucerna, Brigantium e Faro de Vigo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña