Alpes Dináricos

Alpes Dináricos

Área pregada de dirección NO-SO. Principia no N de Trieste, ábrese e cobre a maior parte da Península Balcánica. Desde aí vira e pasa por Creta e polas illas Cícladas; entra polo O de Turquía e forma o Tauro. O seu contacto co sistema alpino establécese a través da liña insúbrica, dislocación de grande importancia estrutural. Na Costa Dálmata os eixos de pregamentos provocaron un litoral abrupto. O predominio de rochas calcarias produciu un dos cars máis extensos de Europa.