Alpes Neozelandeses

Alpes Neozelandeses

ou Alpes Meridionais Serra que constitúe a espiña dorsal de Nova Zelanda e ocupa maioritariamente a Illa do Sur. Culmina no pico de Cook (3.760 m de alt), o máis alto do país. Forma unha crista situada entre a gran fosa oceánica de Tonga-Kermadec e o escudo australiano occidental. É un arco con dúas inflexións ou convexidades: a do NL, cara ao Pacífico occidental, e a do SO, cara á Cunca Oriental Australiana.

Palabras veciñas

Alpes Lunares | Alpes Marítimos | Alpes Meridionais | Alpes Neozelandeses | Alpes Peninos | Alpes, Os | alpestre