Altamira i Crevea, Rafael

Altamira i Crevea, Rafael

Xurista, historiador, pedagogo e polígrafo. Foi Catedrático de Historia de Dereito Español na Universidade de Oviedo (1897-1910), dende onde tentou achegar a cultura universitaria á masa obreira, e Catedrático de Historia na Universidade de Madrid (1914-1936). Foi director xeral de Ensino Primario (1911-1913), cargo dende o que creou as escolas ao aire libre. No exilio acadou un gran prestixio internacional pola súa teoría pedagóxica. Nomeado polo Consello da Sociedade de Nacións, interveu na redacción do Anteproxecto do Estatuto do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia, do que foi membro dende 1921 ata 1940. Director do xornal republicano La Justicia e da Revista crítica de historia y literaturas españolas, portuguesas e hispanoamericanas. A súa obra máis importante, como historiador, é a Historia de España y de la civilización española (1906-1911); como pedagogo escribiu, entre outras obras, Giner educador (1915), Pestalozzi y nosotros, Ideario pedagógico (1923) e Cuestiones obreras (1932).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alacant

  • Deceso

    Lugar : México