Altdorfer, Albrecht

Altdorfer, Albrecht

Pintor bávaro. Foi rexedor e arquitecto municipal de Ratisbona. Está considerado a cabeza da escola do Danubio e é un dos precusores da pintura romántica. En diversas obras dá predominio á paisaxe sobre a figura humana: San Xurxo no bosque (1510) e Batalla de Alexandre (1529), nos que a magnificiencia da natureza está descrita minuciosamente. A importancia que o artista concede á natureza fai que o seu cadro Vista do Danubio (1552) sexa posiblemente a primeira paisaxe tratada como tema independente da historia da pintura. A miúdo tamén ambientaba as figuras en escenarios arquitectónicos, ás veces con efectos de iluminación artificial (A Natividade, 1520?; Susana no baño, 1526). Na liña do subxectivismo expresionista da arte dos países xermánicos, a súa obra ten un certo carácter precursor da pintura romántica. Tamén cultivou o gravado, especialmente a xilografía e os augafortes, e non se conserva ningunha das súas obras como arquitecto.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ratisbona

  • Deceso