alumar

alumar

(< lat ad ‘a’ + lumināre‘alumbrar’)

  1. v t
    1. Dar ou botar luz, ofrecendo claridade e luminosidade.

      Ex: Os potentes focos aluman perfectamente o escenario.

      Sinónimos: alumear, iluminar, lucir.
    2. Iluminar o espírito, ilustrar ou inspirar con apoio espiritual.

      Ex: Hai algo especial que aluma ós escritores místicos.

      Sinónimos: alumear, amosar, guiar.
  2. v i

    Dar luz, brillar ou resplandecer.

    Ex: A lámpada do salón aluma dun xeito estraño.

    Sinónimos: alumear, iluminar.
  3. v pron Antónimos: empardecer.
    1. Ofrecerse a si mesmo algún tipo de iluminación.

      Ex: Alúmase coa lanterna para non caer polos banzos abaixo.

    2. Recibirse a claridade nunha estancia.

      Ex: Este piso alúmase só con recibir uns raios de sol.

      Antónimos: empardecer.
    3. Tornarse claro un asunto.

      Ex: A investigación alumouse coa versión da última testemuña.

Frases feitas

  • Alumar a lúa. Resplandecer a lúa.

  • Alumar con pallas mortas/con mallos mortos. Pegar.

  • Alumar os cegos. Ser algo moi evidente.

Palabras veciñas

Alula | alumacina | alumag | alumar | alumbrante | alumbrar | alume
Conxugar
VERBO alumar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumo
alumas
aluma
alumamos
alumades
aluman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumaba
alumabas
alumaba
alumabamos
alumabades
alumaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumei
alumaches
alumou
alumamos
alumastes
alumaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumara
alumaras
alumara
alumaramos
alumarades
alumaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumarei
alumarás
alumará
alumaremos
alumaredes
alumarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumaría
alumarías
alumaría
alumariamos
alumariades
alumarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alume
alumes
alume
alumemos
alumedes
alumen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumase
alumases
alumase
alumasemos
alumasedes
alumasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumar
alumares
alumar
alumarmos
alumardes
alumaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aluma
-
-
alumade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alumar
alumares
alumar
alumarmos
alumardes
alumaren
Xerundio alumando
Participio alumado
alumada
alumados
alumadas