aluminosilicato
aluminosilicato
(
s
m
[QUÍM]
Designación xenérica dos silicatos dobres de aluminio e doutro metal, monovalente ou divalente. Os aluminosilicatos son sólidos, xeralmente de orixe natural e de constitución complexa. Nalgúns aluminosilicatos, como o berilo, os grupos SiO4 forman estruturas cíclicas, e noutros, como as micas, forman capas de dúas dimensións. O caso máis corrente é, sen embargo, aquel no que se forman estruturas continuas tridimensionais, con substitución parcial do silicio por aluminio. Pertencen a este grupo os feldespatos, as zeolitas, a sodalita, a lazurita e outros.