Álvarez Cabo, Rosa
Actriz. Iniciou a súa traxectoria profesional no grupo teatral creado pola Agrupación Cultural Abrente, participando na organización da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Fundadora do grupo Artello, intervén nos espectáculos Tarará chis pún (1978), As nubes (1980), A cantante calva (1981), Mandatruco!! (1982), Celtas sen filtro (1983) e Gulliver F. M. (1985),
Unha boa parte da súa carreira profesional está vencellada ao Centro Dramático Galego, co que realiza Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), O enfermo imaxinario (1986), As alegres casadas (1989), A casa dos afogados (1991), Hamlet (1991), Un soño de verán (1992), polo que recibiría o Premio Compostela á Mellor Actriz Secundaria en 1993, Un refaixo para Celestina (1993), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O peregrino errante que cansou ao Demo (1997), O bufón de El-Rei (1997) ou Antígona (1998).
Fundadora tamén da compañía Teatro do Malbarate, participou nos espectáculos Xogos de damas (1987), Inventarios (1990) e Xogos á hora da sesta (1992), ademais de realizar outros traballos interpretativos con Teatro do Atlántico, Espello Cóncavo ou Producións do Noroeste.
Entre 1994 e 1996 ocupa a presidencia da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia. Tamén realiza diversos traballos para o cine e a televisión, entre os que destacan Efectos secundarios ou Escoba. No cine son salientables os seus traballos en Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989), A noiva de medianoite (Antonio Simón, 1997), Días de voda (Juan Pinzás, 2002), A vida que che espera (Manuel Gutiérrez Aragón, 2004), Os mortos van á présa (Ángel de la Cruz, 2009) ou Lobos sucios (2015). Obtivo numerosos premios, o último deles en 2018, Premio de Honra Marisa Soto.
Cronoloxía
-
Nacemento