Álvarez Cáccamo, Berta

Álvarez Cáccamo, Berta

Pintora. Considerada por algúns críticos como post-atlantista, esta viguesa, procedente de familia de escritores e intelectuais, posúe unha formación de carácter internacionalista, vinculada aos seus estudos na escola de Belas Artes de Barcelona. Nos anos oitenta participou en diversas exposicións individuais e colectivas, tanto en Galicia como no resto de España. Gañadora de varios premios e bolsas -no ano 1987 obtén a bolsa Manuel Colmeiro-, é profesora na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo de Pontevedra e en coleccións particulares, como a da Unión Fenosa da Coruña. En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo