Álvarez Cáccamo, Celso

Álvarez Cáccamo, Celso

Sociolingüista. Profesor de Lingüística na Universidade da Coruña, actividade que compaxina coa literatura. Realizou en 1992 a súa tese de doutoramento na Universidade de California sobre La institucionalización de Galicia, práctica lingüística, poder e ideología en el discurso público. Publicou numerosos traballos especializados en sociolingüística, lingua, poder e ideoloxías, ortografías e diversidade lingüística en Galicia, tanto en revistas galegas como internacionais (Agália, Nós. Revista internacional galego-portuguesa de cultura, A Trabe de Ouro, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, etc). Escribiu o poemario Os Distantes (1995) e outros contos e poemas soltos. Edita tamén na Internet a revista electrónica Çopyright-pensamento, crítica e criação.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo