Álvarez Gallego, Xerardo
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos trinta dedicouse á avogacía en Vigo, exercendo como procurador, ao tempo que colabora nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, no que foi secretario, en 1936 exiliouse a Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado do Xeneral Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. Anos despois intentou volver a Galicia pero foi detido e veuse na obriga de marchar de novo, instalándose en Miami onde permaneceu ata a súa morte. As súas colaboracións xornalísticas espállanse por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia e nas dos centros galegos da Habana, Bos Aires, México, etc. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario de Rosalía e que foron publicados en 1937 na revista Cultura Gallega. En 1963 publicou o estudo Los Pazos e a biografía novelada Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda no ano 1972.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense -
Deceso
Lugar : Miami