Álvarez Gándara, Alfonso
Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1960), exerce como avogado na cidade de Vigo. Asesor xurídico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, Presidente do Consello da Avogacía Galega, membro da Comisión Permanente do Consejo General de la Abogacía Española e membro de honra da Academia de Xurisprudencia e Lexislación. Foi cofundador da Xunta Democrática de Galicia e do Movemento Socialista de Galicia, pertenceu ao secretariado do Partido Socialista Galego (PSG), Tenente de Alcalde do Concello de Vigo en 1979 pola coalición Unidade Galega e Secretario Xeral do Partido Galeguista (1981-1984). Deu a coñecer traballos en publicacións relacionadas coas súa profesión (Poder Judicial, Foro Gallego, Otrosí Vigo, Revista Xurídica de Galicia, etc), e colabora habitualmente na prensa galega. Entre os seus traballos relacionados coa literatura galega pódense citar O conflito idiomático da sociedade galega, Os dereitos humáns e os dereitos dos españoles, Eduardo Pondal, poeta comprometido, e A nova xeración intelectual galega. Merece especial mención o seu artigo, publicado en 1966 na revista Signo, “La iglesia gallega no habla la lengua de los gallegos”, co que obtivo o premio xornalístico Fernández Latorre (1967). Ten tamén no seu haber o premio extraordinario de Faro de Vigo (1983), por un artigo sobre a capitalidade de Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tui